O TAMBORIL
DESDE 2007
O Tamboril é unha pequena casa de comidas que, desde 2007, ofrece os seus servizos na parte nova de Santiago de Compostela. A finais dese mesmo ano, coa chegada de Cristóbal Rey para poñerse ao mando dos fogóns, o arroz foi gañando cada vez máis protagonismo entre as propostas do restaurante, ata converterse nunha especialidade que comparte carta con outros pratos talvez menos recoñecidos, pero igual de coidados e saborosos. O Tamboril é, ademais, unha gran familia na que clientes, amigos, provedores e cada unha das persoas que forman e formaron parte do equipo representan unha parte igual de importante. Entre todos demos forma a un ambiente tranquilo, acolledor e, ao mesmo tempo, bulideiro e desenfadado. Desfrutamos como o primeiro día co que facemos, e seguimos traballando coa ilusión de conseguir que, quenes nos visitan, desfruten tamén dun momentiño agradable ao redor dunha mesa. Nin máis nin menos. Pode parecer simple, pero para nós resulta incriblemente estimulante. Agardámosvos en O Tamboril!
RESERVA A TÚA MESA
Podes solicitar a túa reserva chamando ao 981 565 485.
HORARIO DE SERVICIO
LUNS A SÁBADO
13:00 - 16:30 h
DOMINGOS E FESTIVOS
13:00 - 15:30 h